A Oficina de Turismo de Padrón renova as certificacións Q de Calidade Turística e S de Sostibilidade Turística

12 Xaneiro 2026

O Concello de Padrón vén de renovar as certificacións Q de Calidade Turística e S de Sostibilidade Turística da súa Oficina de Información Turística, uns distintivos outorgados polo Instituto para a Calidade Turística Española e a Sostibilidade (ICTES) que acreditan “a excelencia na xestión dos servizos turísticos e o compromiso cun modelo de desenvolvemento responsábel”.

Segundo informou o Goberno local, “estas renovacións confirman o traballo continuado realizado nos últimos anos para manter uns estándares elevados de atención ao público, organización interna e mellora continua, así como a integración da sustentabilidade na política turística municipal”.

A certificación Q de Calidade Turística distingue ás organizacións que aplican un sistema de xestión orientado á excelencia, á satisfacción das persoas usuarias e á optimización dos procesos. En Galicia só 16 oficinas de turismo contan con este selo, sendo Padrón a única da provincia da Coruña en obtelo.

Pola súa banda, a certificación S de Sostibilidade Turística garante que a Oficina de Turismo traballa aliñada cos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS) da Axenda 2030. Este distintivo é aínda máis exclusivo: só tres oficinas de turismo en toda Galicia o posúen (Padrón, o Patronato Rías Baixas e Chantada), o que converte a Padrón na única da provincia da Coruña con esta acreditación.

Un modelo turístico con resultados

A renovación destes selos chega nun momento especialmente positivo para Padrón, explicou o Concello, engadindo que nos últimos meses “Padrón foi recoñecido como Pueblo Mágico, unha distinción impulsada pola Rede de Pueblos Mágicos de España e polo Instituto de Desenvolvemento Local e Estudos Sociais (IDL), que pon en valor o patrimonio, a identidade cultural e o traballo desenvolvido polo municipio no ámbito turístico”.

Así mesmo, no marco da certificación “S”, a Oficina de Turismo presentou en xullo de 2025 o Decálogo do Turista Responsábel, un folleto informativo dirixido ás persoas visitantes, dispoñíel en galego, castelán e inglés. Baixo lemas como Descubre Padrón con conciencia ou O teu viaxe deixa pegada, que sexa positiva, a guía ofrece recomendacións prácticas para gozar do municipio desde o respecto polo patrimonio, a cultura e o medio natural.

Entre as iniciativas máis recentes tamén destaca Sabores de Padrón: a ruta da croqueta, posta en marcha a través de Padrón Turismo como unha acción innovadora para dinamizar a hostalería local e a vida social da vila. A ruta celebrarase os días 6 e 7 de febreiro, convertendo Padrón nun punto de encontro arredor dun produto popular e versátil, cun evento pioneiro en Galicia que combina gastronomía, creatividade e promoción económica.

Compromiso coa mellora continua

Para a renovación das ditas certificacións “Q” e “S” cómpre superar auditorías periódicas realizadas por entidades independentes, que avalían o cumprimento dos requisitos e o avance nos obxectivos marcados. Este proceso garante a actualización constante das accións e a adaptación ás novas demandas do sector turístico.

Con estas renovacións, o Concello de Padrón consolida a súa posición como referente turístico en Galicia, apostando “por un modelo que combina calidade, sustentabilidade, tradición e innovación, e reforza o papel da Oficina de Información Turística como ferramenta clave para a promoción do municipio”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.