A II Gala do Trail Running de Galicia distingue ao Trail de Lousame con dous premios á excelencia organizativa e á proba con mellor xestión e equipo de seguridade do 2025

09 Xaneiro 2026

O Trail de Lousame foi protagonista, e por partida dobre, na II Gala Anual do Trail Running de Galicia, organizada pola Federación Galega de Atletismo e que tivo lugar na noite de onte xoves no Teatro Principal de Ourense. A proba lousamiá obtivo dous premios: Trail con mellor xestión e equipo de seguridade e Excelencia organizativa. A maiores, o speaker do Trail de Lousame, Pablo Ríos, tamén foi distinguido co premio ao Mellor speaker de 2025.

Os dous premios foron recollidos pola tenente de alcalde de Lousame, Silvia Agrafojo Filgueira, quen estivo acompañada en Ourense pola concelleira de Deportes, Mariel Agrafojo Nieto, e polo técnico de Deportes e coordinador do trail, Germán Romero Iglesias. Agrafojo Filgueira puxo en valor “o importante esforzo que supón para un concello pequeno e rural como Lousame organizar un evento deste nivel, non só dende o punto de vista económico senón tamén loxístico, onde temos que agradecer unha vez máis o traballo dos técnicos e técnicas municipais, dos máis de sesenta veciños e veciñas da Rede de Voluntariado de Lousame que estaban tanto no polideportivo como nos puntos de avituallamento e nos cruces de camiños para que todo saíra o mellor posible, Protección Civil de Lousame e Cruz Vermella de Noia. Estes premios son grazas a todos eles”.

Silvia Agrafojo agradeceu tamén a colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte, da Deputación Provincial da Coruña, da Xefatura Provincial de Tráfico e da Federación Galega de Atletismo, en especial de Iván Sangiao, responsábel do sector Trail Running da Federación. Un agradecemento que fixo extensivo ás empresas patrocinadoras do evento: Futuranea, Hoka One One, Tarrío & Suárez Obras e Contratas, Gadis, Horban Hormigones; Fermín Simal SL, Atmósfera Sport, Alqui Noia e Construmarc Obras.

Finalmente, Silvia Agrafojo salientou que “o Trail de Lousame é unha aposta do Concello de Lousame polo deporte, como fonte de saúde e que promove valores como o esforzo, o compañeirismo ou a importancia da superación persoal. Pero, a maiores, agardamos que teña tamén unha repercusión no noso municipio xa que este ano contamos coa maior participación da historia desta proba: 512 atletas. Persoas de todos os puntos de Galicia que puideron desfrutar da natureza de Lousame, con fermosas paisaxes e lugares como o miradoiro da Muralla, que de seguro volverán visitar e iso beneficiará tamén á hostalería local e da nosa comarca”.

Excelencia organizativa

O xurado dos premios da II Gala Anual do Trail Running de Galicia premiaron ao Trail de Lousame “en recoñecemento pola excelencia organizativa, cumprindo os estándares de calidade da Federación Galega de Atletismo e o regulamento Galicia Trail Running Series, contribuíndo a un impacto positivo no deporte, na sociedade e no medio natural”.

A edición de 2025 do Trail de Lousame foi o máis concorrido dos seus nove anos de historia, con 512 atletas, un 19% máis ca na edición anterior. A maiores, o Trail Curto foi tamén a máis concorrida destas nove edicións (338 participantes). De feito, pese a que a organización xa convocara 50 prazas adicionais con respecto a 2024, na derradeira semana de inscricións tivo que ampliar outras 50 para dar resposta á demanda por parte de atletas de toda Galicia.

A proba foi gañada por Alexandre Otero (Sociedade Deportiva Barbantia Roda) cun récord de 1 hora 57 minutos e 28 segundos, sendo o primeiro atleta en baixar das 2 horas nesta proba. Na categoría feminina, o triunfo foi para Bea Barroso Pérez, do Club Atletismo Noia, cun tempo de 2 horas 37 minutos e 48 segundos. No Trail Curto, a vitoria foi para Adrián Sesar Míguez (Club Atletismo Santiago) e Julia Salvado Diéguez (Sociedade Deportiva Compostela Atletismo), cuns tempos de 1 hora 7 minutos e 17 segundos e 1 hora 22 minutos e 47 segundos, respectivamente.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...