O Concello de Padrón impulsa un roteiro gastronómico local arredor da croqueta

09 Xaneiro 2026

O Concello de Padrón, a través de Padrón Turismo, pon en marcha Sabores de Padrón: a ruta da croqueta, unha nova iniciativa gastronómica que nace co obxectivo de poñer en valor a creatividade da hostalería local e dinamizar a vida social e económica da vila cun evento singular e pioneiro en Galicia.

A ruta celebrarase o venres 6 e sábado 7 de febreiro, “convertendo Padrón nun punto de encontro arredor dun produto tan popular como versátil: a croqueta”, informou o Concello, engadindo que o produto que serve de fío condutor ao roteiro é todo “un clásico da gastronomía que goza dunha ampla aceptación entre todos os públicos”.

A participación está aberta a todos os bares e restaurantes da localidade, “cun formato sinxelo e flexíbel”, pensado para facilitar a implicación do sector. Cada establecemento poderá elaborar a súa propia croqueta, escollendo libremente o sabor ou a proposta culinaria que desexe presentar.

En canto ao funcionamento da ruta, proponse un prezo de venda de 2,50 euros, sendo cada local quen decida se ese importe corresponde a unha única croqueta ou a unha ración composta por varias unidades. O horario establecido será o venres de 20.00 a 23.00 horas, e o sábado de 13.00 a 15.00 horas e de 20.00 a 23.00 horas

Os establecementos interesados en participar deberán confirmar a súa inscrición antes do 16 de xaneiro a través do correo electrónico turismo@padron.gal

Desde o Concello de Padrón e Padrón Turismo anímase á hostalería local a formar parte desta proposta colectiva, “que busca sumar esforzos, fomentar a colaboración e crear unha experiencia gastronómica atractiva que contribúa a reforzar a imaxe de Padrón como destino de referencia tamén no ámbito culinario”.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.