O Concello de Rois felicita á veciña de Moares, Serafina Barbazán Neo, no seu 104 aniversario

30 Decembro 2025

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, visitou este martes 30 de decembro á veciña de Moares, na parroquia de Ermedelo, Serafina Barbazán Neo, con motivo da celebración do seu 104 aniversario, nunha xornada marcada pola emoción e o agarimo familiar.

Durante a visita, Serafina estivo rodeada dos seus familiares, compartindo un día moi especial no que non faltaron as mostras de cariño. O alcalde quixo trasladarlle persoalmente a felicitación do Concello de Rois, facéndolle entrega dun ramo de flores, un doce e unha felicitación institucional, como recoñecemento a unha vida longa e exemplo de fortaleza.

Desde o Concello destacouse a importancia de acompañar e recoñecer ás persoas maiores do municipio, que representan a memoria viva da historia local e un referente para as novas xeracións.

O Concello de Rois quere trasladarlle publicamente a Serafina Barbazán Neo os seus máis sinceros parabéns, desexándolle moita saúde e benestar, así como agradecerlle o exemplo de vida que supón para toda a veciñanza.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.