Protección Civil e Bombeiros de Ribeira interveñen para retirar un letreiro de grandes dimensións sobre a estrada

26 Decembro 2025

Dotacións de garda do Servizo de Emerxencias e Protección Civil Municipal de Ribeira (GAEM de Ribeira) actuaron este 25 xoves día de Nadal na retirada dun elemento publicitario que provocaba inseguridade sobre a estrada: un letreiro de sinalización de grandes dimensións emprazada na contorna do Polígono de Xarás e que, segundo fixeron saber dende o GAEM, atopábase en risco de caída. No dispositivo tamén participou o Parque de Bombeiros de Ribeira, a Policía Local e o servizos de mantemento de estradas, mobilizados polo CIAE 112.

Ademais, Protección Civil de Ribeira tivo que intervir. xunto cos Bombeiros e mobilizado polo CIAE 112, para apagar un colector de lixo ardendo no lugar de Insuela. en Palmeira.

Este 25 de Nadal o Servizo de Emerxencias e Protección Civil foi mobilizado ademais pola Policía Local de Ribeira por mor dun decorado navideño fumegando na praza do Centenario, o cal procedeuse a deixar sen subministro eléctrico para evitar problemas de seguridade e males maiores.

Por outra banda, na madrugada do xoves 25 tamén foi requirida a presenza dos Bombeiros de Ribeira para a retirada dunha árbore que caeu na vía pública no Concello da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...