O Xeodestino Terras de Santiago pon en marcha unha canle turística de TV para promover os 11 concellos

23 Decembro 2025

O Xeodestino Terras de Santiago deu un novo paso nos obxectivos de dixitalización recollidos no seu Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) e habilitou unha canle turística de televisión por IP, que xa está dispoñíbel en casas consistoriais, oficinas de turismo e locais de equipamento público do xeodestino.

Esta plataforma ofrece información sobre os servizos e axenda de actividades dos once concellos que integran o xeodestino Terras de Santiago: Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, Negreira, Padrón, Rois, Santa Comba, Teo, Val do Dubra e Vedra.

“Os expositores fixéronse á medida de cada espazo, non son unha peza estándar senón personalizada”, resalta José Antonio Marcote, voceiro da entidade, que indica que “algúns están feitos con paneis sólidos, outros contan cun soporte enganchado ao chan e, cando a televisión dá ao exterior, fíxose con vinilo, o que complicou un pouco a instalación pero que tamén lle dá máis valor ao resultado final”.

Esta iniciativa é froito dun convenio de colaboración asinado o pasado mes de xullo entre o Xeodestino e os Concellos polo cal Terras de Santiago comprometeuse a dotar aos municipios das pantallas e do equipamento necesario para poñer en marcha o sistema; mentres que os municipios comprometéronse a achegar toda a información precisa para que se difunda de forma axeitada.

Estas televisións emiten de forma continuada información sobre os distintos atractivos do Xeodestino Terras de Santiago, cun atractivo sistema de carátulas diferenciadoras que proporcionarán unha información sinxela, útil e directa. Canda esa información, tanto o visitante como as persoas residentes teñen acceso a todas as actividades lúdicas, culturais e sociais que se desenvolvan no xeodestino, algo que beneficiará directamente a todo o sector turístico da contorna (aloxamentos, restaurantes, empresas de actividades turísticas…).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.