Charo Pita presentará en Boiro este venres “A familia Papaventos”

22 Decembro 2025

Este venres 26 de decembro celebrarase na rúa Peonil de Boiro o espectáculo A familia Papaventos, de Charo Pita. A cita será ás 18.00 horas e irá dirixida ao público infantil e familiar. Encádrase na programación de lecer de Nadal elaborada polo Concello de Boiro.

A familia papaventos é un traballo de Charo Pita cos músicos María Falti e Jorge Juncal no que interpretan cancións en formato trío. Cancións que forman parte do libro No país do vento publicado por Charo Pita coa editorial Galaxia.

No País do Vento nada queda quieto: os pés bailan, as saias xiran, as xentes brincan e moitas melodías e algunhas pequenas historias van buscando orellas que escoiten e beizos que as cantaruxen para seguir vivas ao lombo das brisas e dos furacáns.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.