O Casino de Noia inaugurou a mostra “Trazos de Paixón” de Alfonso Costa, Isabel Pintado e Soledad Penalta

22 Decembro 2025

Este pasado sábado pola 20 de decembro tivo lugar no Casino de Noia a presentación da exposición Trazos de Paixón, que reúne obra de Alfonso Costa, Isabel Pintado e Soledad Penalta, tres artistas cunha longa traxectoria que levaban tempo sen expoñer vila noiesa.

O acto contou cunha ampla asistencia de achegados, veciños e veciñas, así como coa presenza da concelleira de Cultura, Chelo Martínez, que abriu a presentación.

A continuación, Pilar Sampedro realizou unha introdución á obra dos tres artistas, dando paso ás intervencións de Alfonso Costa, Isabel Pintado e Soledad Penalta, quen agradeceron a presenza do público e destacaron que Noia segue a ser para eles un lugar fundamental, cun oco especial no seu corazón.

A presentación estivo acompañada dun prólogo poético e musical a cargo da voz da noiesa Esperanza Mara, quen tamén ofreceu varias interpretacións para pechar o acto.

A exposición poderá visitarse de luns a sábado, en horario de 11:00 a 14:00 h, no Edificio Casino de Noia.

Permanecerá pechada os días 25 e 31 de decembro, así como o 1 e o 6 de xaneiro.

Como dixemos, a mostra pon en valor o traballo de tres artistas cunha fonda ligazón coa creación contemporánea galega. A proposta reúne a obra de Alfonso Costa, pintor noiés, Soledad Penalta, escultora noiesa, e Isabel Pintado, pintora e galega de acollida, cuxa traxectoria artística enriquece o diálogo cultural do país.

A mostra estrutúrase en catro espazos diferenciados no primeiro andar do edificio:

Un espazo dedicado á escultura de Soledad Penalta.

Un espazo de pintura de Alfonso Costa.

Un espazo de pintura de Isabel Pintado.

Un espazo común, no que dialogan as obras dos dous pintores nunha homenaxe a María Casares, figura esencial da cultura galega.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.