Xunta e Concello de Outes avanzan no proxecto dun centro residencial para persoas con discapacidade

21 Decembro 2025

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e o alcalde de Outes, Francisco Calo, visitaron a parcela proposta polo Concello para a creación dun centro residencial para persoas con discapacidade, un proxecto que contempla a reutilización dun inmoble que anteriormente funcionou como colexio.

Desde o Concello de Outes sinalan que este edificio, de tres alturas, reúne as condicións axeitadas para albergar o futuro centro residencial, xa que se atopa nunha zona ben comunicada co resto do municipio e coa contorna. O alcalde trasladoulle á conselleira, nunha xuntanza celebrada hai unhas semanas en San Caetano, a necesidade de poñer en marcha un servizo deste tipo co obxectivo de dar resposta ás demandas das familias de persoas con discapacidade da zona.

Durante a visita, Fabiola García reiterou o compromiso da Xunta de Galicia co impulso das políticas sociais en todos os concellos galegos, facendo especial fincapé nos municipios do ámbito rural. Neste sentido, destacou que recentemente o Goberno galego ampliou a escola infantil situada no mesmo complexo ata acadar as 41 prazas de educación de 0 a 3 anos, así como a posta en marcha e mantemento doutros recursos sociais, como o centro de día para persoas maiores.

A conselleira subliñou tamén o apoio continuado da Xunta ás entidades sociais do sector da discapacidade e lembrou que o Executivo autonómico asumiu en solitario, sen achega do Goberno central, o incremento dos custos derivados da suba dos convenios colectivos estatais que afectan ao persoal deste ámbito, co fin de garantir a calidade dos servizos e a estabilidade laboral.

Este proxecto de centro residencial para persoas con discapacidade suporía un novo avance na rede de recursos sociais da comarca, reforzando a atención ás persoas máis vulnerables e contribuíndo a fixar poboación no territorio.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.