O Concello de Boiro celebra este venres 19 de decembro ás 20.00 horas no Pavillón da Cachada un acto para homenaxear aos deportistas máis destacados nas distintas modalidades deportivas que se practican no municipio.
O acto estará conducido polo xornalista deportivo Terio Carrera e contará coa participación do alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, que serán os encargados de entregar os máis de 100 distintivos a deportistas do municipio.
Os premios divídense en dúas categorías: individuais e equipos. En canto aos individuais galardóanse a aqueles deportistas que acadaron un podio en campionatos galegos, ata un 6º posto en campionatos de España, ata un 10º posto en campionatos europeos e ata un 20º posto en campionatos do mundo.
En canto aos premios a clubes valorase ter conseguido un ascenso de categoría, resultar gañador na correspondente competición ou ter acadado como mínimo un terceiro posto nun Campionato Galego ou un 6º nun campionato de España.




