Os Premios Lingua de Namorar, entregados pola Xunta, distinguen a Pablo Pardavila, da Pobra, e a Sofía Muñiz, de Cambados

16 Decembro 2025

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, recibiron este martes 16 de decembro ás persoas premiadas na décimo cuarta edición do certame Lingua de Namorar, organizado polos dous departamentos da Xunta co obxectivo, explicaron, “de promover o uso do galego entre as persoas mozas, ao tempo que se fomenta o talento literario e a creatividade ao redor das relacións persoais”.

Así, tal e como lembraron os representantes da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, “con esta iniciativa de creación de mensaxes de amor en liña, tratamos de achegarnos á mocidade a través dun medio que domina e no que está moi presente, como é o eido dixital e, especialmente as redes sociais”. Deste xeito, a convocatoria, que se estendeu desde o 14 de febreiro ao 17 de marzo, dividiuse en tres categorías, dúas para a web, cun premio para as persoas de 14 a 19 anos e outro para o tramo de idade de 20 a 35, e unha exclusiva para a rede social Instagram, aberta aos mozos e mozas de 14 a 35 anos.

Durante a entrega dos agasallos, Valentín García e Lara Meneses fixeron fincapé en “que se trata dun certame no que as mensaxes gañadoras foron elixidas nun dobre proceso de selección no que participou tanto a sociedade en xeral como un xurado, involucrando así ao público usuario das redes coa proposta, conseguido máis alcance para darlle visibilidade ao galego e ao enxeño da nosa xuventude”.

Na categoría comprendida entre os 14 e 19 anos resultou gañadora Candela Fernández, de Vigo, cunha mensaxe titulada En ti. Neste caso, por deliberación do xurado quedaron desertos o segundo e terceiro premio. Doutra banda, na categoría de 20 a 35 anos as persoas distinguidas foron, en primeiro lugar, Saray Rodríguez, de Ourense, co escrito Ignis Amoris; seguida de Pablo Pardavila, da Pobra do Caramiñal, con Non hai máis pan na mesa, e de Sofía Muñiz, de Cambados, con Estado de transición. Pola súa parte, no apartado de Instagram foi recoñecida a mensaxe enviada por Jennifer Santabaya, de Dumbría, baixo a etiqueta #ti. Os textos completos poden lerse no portal de Xuventude.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.