Boiro Novo presenta unha moción para “evitar que se volvan a dar casos de facturas da auga infladas”

15 Decembro 2025

A agrupación Boiro Novo presenta para ser debatida en pleno unha moción destinada, en palabras do grupo, “a evitar que se volvan dar casos de factura da auga infladas”. Boiro Novo di que o Goberno local “é o principal responsábel destes cobros debido ao encadeamento de consumos mínimos estimados do 3º trimestre de 2025, que chegaron as persoas titulares do subministro estas últimas semanas, unhas facturas que en moitos casos dobraban ou mesmo triplicaban os importes habituais de varios fogares”. Para o grupo, “cuns protocolos axeitados e cun Goberno previsor isto ou ben non tería acontecido, ou polo menos tería un impacto moito menor”.

Engaden que o “Executivo debera xa ter tomado medidas con urxencia para evitar primeiro, que se volva a repetir unha situación como a sucedida e segundo, paliar na medida do posíbel este golpe económico aos petos da veciñanza”.

Na moción, presentada a través de Xurxo Triñanes, pídese o seguinte:

-Adoptar un sistema que permita recibir, con anterioridade ao cobro, preferentemente por medios dixitais pero tamén físicos se se solicita, a factura da auga para que a veciñanza poida corroborar antes do cobro se as cantidades pagadas son as correctas. Tanto nesta factura electrónica como nos extractos que se remitan ao banco deberá aparecer de forma clara se a lectura é real ou estimada.

-Tomar como modelo o Art.2 do Real Decreto 1718/2012, de 28 de decembro, polo que se determina o procedemento para realizar a lectura e facturación dos subministros de enerxía, na parte que di: “Nos casos nos que o lector do contador non poida acceder ao contador para realizar unha
lectura, deberá deixar un aviso de imposíbel a lectura indicando un número de teléfono e un enderezo web a través do cal o usuario pode enviar a lectura do seu contador, así como a data límite para facelo”. Neste aviso especificarse a información que o usuario debe proporcionar para enviar a lectura. Así mesmo, incluír este enderezo nas facturas con lecturas estimadas para que as persoas titulares do servizo poidan enviar alí as lecturas reais e non se acumulen as mesmas como aconteceu no ultimo ano.

-Adoptar medidas preventivas para que en caso de facturas que sexan anormalmente elevadas se faga unha comprobación previa antes do cobro, é en calquera caso que a persoa afectada poida acollerse a facilidades de pago e non se lle cargue a factura de golpe no banco.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.