A Asociación Boirense de Empresas (ABE) realizou o sorteo inaugural da campaña de Nadal, dando comezo a unha programación especial orientada a dinamizar o comercio local durante estas datas.

As persoas gañadoras deste primeiro sorteo son:
Nati Oliveira – Supermercado Mercamás
Francisco José Alonso – Deportes Hermida Dequip
Elena Vigo – Farmacia Cimadevila
María del Carmen Romero – Cosmos tendas multiprezos
Paula Alonso– Frutas Reyjosa
A ABE informou que as persoas premiadas xa poden pasar a recoller os seus premios, consistentes nun pack da campaña composto por axenda, calendario, invitación para o parque infantil e bolsa oficial. A patronal boirense lembra tamén que os calendarios e as bolsas son os agasallos para os 500 primeiros clientes que cambien os seus tíckets de compra por rifas para participar no sorteo presencial de 3.000 €.
O punto de información e intercambio de tíckets por rifas estará operativo mañá e o venres, en horario de 11:30 a 13:30 h, diante do Mercado Municipal.
Como dato destacado, a ABE salienta que durante os 4 días que durou esta primeira acción rexistráronse 481 tíckets, o que supón case 150 máis que no mesmo período sen sorteo, “un feito que evidencia o alto interese das persoas clientes nas accións promocionais e sorteos programados dentro da campaña de Nadal”, informou a asociación, referendando a súa aposta “por iniciativas que incentiven as compras no comercio local e agradecemos a implicación tanto dos establecementos asociados como da veciñanza de Boiro”.



