A Policía Local de Ribeira imputa a tres homes polo roubo de combustible na zona portuaria

15 Decembro 2025
Policia Local Ribeira

A Policía Local de Ribeira imputou penalmente a tres homes como presuntos autores dun roubo de combustible nun camión estacionado na zona portuaria do municipio. Os feitos ocorreron na tarde do domingo 14 de decembro, durante un servizo de vixilancia ordinario.

A actuación policial foi posible grazas á colaboración cidadá e á rápida intervención dos axentes, que lograron recuperar o combustible subtraído, así como diverso material presuntamente utilizado para cometer o roubo.

Tras a intervención, os axentes procederon á identificación dos sospeitosos e á posta dos feitos en coñecemento da Autoridade Xudicial competente.

Desde a Policía Local de Ribeira destacan a importancia da colaboración veciñal para previr este tipo de delitos e reforzar a seguridade nas zonas industriais e portuarias do municipio.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.