A Casa da Xuventude de Ribeira acolle un torneo de simultáneas de xadrez o luns 22 de decembro

13 Decembro 2025

A Casa da Xuventude de Ribeira será escenario o vindeiro luns, 22 de decembro, dunha actividade centrada no xadrez coa celebración dun torneo de simultáneas organizado pola Concellería de Xuventude en colaboración co Club Deportivo Marquiño.

No evento participará David Cernadas Cameán, primeiro taboleiro do C.D. Marquiño e campión galego de xadrez no ano 2018, que se enfrontará aos participantes en dúas roldas. A primeira delas dará comezo ás 17.00 horas, mentres que a segunda está prevista para as 18.00 horas.

Segundo explicou a concelleira de Xuventude, Carmen Pérez, esta iniciativa busca continuar dinamizando a Casa da Xuventude como punto de encontro da rapazada, ofrecendo alternativas de lecer educativo. “Con anterioridade celebrouse unha xornada de xogos de mesa e agora traemos o xadrez, unhas propostas que melloran habilidades como a memoria, a atención, a capacidade estratéxica ou a aplicación de tácticas”, sinalou.

As persoas interesadas en participar poden obter máis información e formalizar a súa inscrición a través do correo electrónico xadrezbretema@gmail.com.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.