María Sampedro aborda con Augas de Galicia a situación de Ribeira en materia de abastecemento e saneamento

12 Decembro 2025

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e o concelleiro de Auga e Saneamento, Vicente Reiriz, reuníronse estes días co director de Augas de Galicia -ente dependente da Xunta de Galicia-, Roi Fernández, para analizar conxuntamente a situación da rede de abastecemento e saneamento do municipio coa finalidade de mellorar ambas.

Os representantes municipais, xunto con persoal técnico, interesáronse polo estado da tramitación da regularización da concesión de captación do río Sieira, iniciada en agosto de 2020. “Isto posibilitaría diminuír o volume de auga que se recibe do punto de captación do río Ulla e, polo tanto, os custes, sen renunciar a un correcto funcionamento do servizo”, informaron dende o Concello, engadindo que o estado da concesión da captación condiciona os pregos a redactar para a licitación do novo contrato de concesión da rede de abastecemento de Ribeira.

Tamén se puxeron sobre a mesa futuras melloras a acometer na depuradora e nos bombeos de saneamento para a optimización deste outro servizo.

Limpeza do río Artes

Durante a xuntanza tamén se tratou a situación dos ríos no municipio, especialmente, do Artes, cuxo caudal desborda en episodios de
chuvias intensas; unha limpeza integral para a que o Concello busca tamén a colaboración de Augas de Galicia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.