O Concello de Ribeira homenaxea aos seus medallistas europeos de patinaxe e taekwondo

12 Decembro 2025

A Corporación municipal de Ribeira homenaxeou este 11 de decembro aos seus recentes medallistas europeos. Na patinaxe, Eizan Calo proclamouse subcampión europeo no Cup of Europe Artistic Skating, xunto coa súa irmá Ella convertéronse en bronce europeo por parellas, mentres que Álvaro e Alicia Castiñeiras foron ouro no europeo. Doutra banda, a taekwondista Ainara Piñeiro acadou o bronce no European Cadet Championship, en Grecia, e tamén o ouro por clubs en España. Con tan só 11 anos xa foi Campioa de España Cadete e, agora, con 12 anos, bronce europeo.

No que respecta aos patinadores, a alcaldesa, María Sampedro, manifestou que “demostran que son un bo tándem non só na vida persoal como irmáns, senón tamén na profesional como parella deportiva”. Referíndose a tódolos deportistas, declarou que “todos vós representades os valores do deporte; algo que conseguides a través da disciplina, o perfeccionamento da vosa técnica e, por suposto, o traballo en equipo. Con vós tendes todo un equipo como son as vosas familias, os clubs deportivos e, por suposto, toda a sociedade de Ribeira”.

Deste xeito, a rexedora tivo palabras de agradecemento para o Club de Patinaxe e o Club Natural Sport, representados pola súa adestradora Elena Rey e o seu presidente José Francisco Agrelo, respectivamente; entidades das que destacou a implicación coa súa canteira “crecendo ao seu carón como persoas e como deportistas”.

En sentido similar tamén se pronunciou o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, para quen “o deporte en Ribeira é pasado, presente e está garantido o futuro. Temos unha gran canteira de deportistas que están xa colleitando moi bos resultados en competicións de gran proxección.” O edil rematou a súa intervención facendo fincapé en que son “todo un exemplo de esforzo e implicación no deporte dende nenos, traballando dende as categorías base, ilusionándonos concada competición na que participan, porque, con eles, vai todo Ribeira da man. Grazas por levar tan lonxe o nome de Ribeira e facernos sentir tan orgullosos do voso talento”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.