“Seriedade” – Xulio Xiz

12 Decembro 2025

Fale un con quen fale, sempre asoma a dura actualidade, e a conclusión ven ser que nada é como antes, como pouco antes, desde que un inconcreto tsunami alterou modos de comportarse, de razoar, de facer política, de vivir…

Levo un tempo lonxe das novas da política diaria, quizais por ese tsunami que cambiou (non regras, senón) comportamentos e talantes; quizais tamén por ter vivido seis anos na casa do concello, no fragor da actualidade, alimentándome agora só de titulares que, moitas veces, feren como balas.

Por iso, sobresaltoume a nova de que unha concelleira do grupo de goberno municipal de Lugo o abandonase renunciando ao soldo pero non a ser concelleira, por falta de medios e desacordo coa liña de mando. E non me tranquilizou ao día seguinte que todo se amañara, como se fose una falsa alarma.

Algo falla, aínda que non sei que. Se falla a concelleira que lanzou un órdago, para logo pregarse cando se cumpran en todo ou en parte as súas condicións. Se foi o alcalde defendendo posturas que logo tería que abrandar. Se foi o sistema o que fallou por afectar ás comunicacións do goberno, do partido ou do simple sentido común.

Tranquilizaríame saber que todo vai ben no goberno municipal, dentro do que cabe. Porque sei da fugacidade dos acordos, da fraxilidade dos pactos, da incoherencia das propostas, da volatilidade das palabras…

Falta seriedade na política especialmente despois dese tsunami que todos acusamos con derrotismo. E o caso é que calquera situación política pode amañarse cun simple remedio caseiro, aplicando ao cincuenta por cento, sentidiño e seriedade. Pero nestes tempos é moito pedir.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.