A alcaldesa de Ribeira pon en valor a actividade musical da orquestra Sons, que actuará no novo Auditorio o 1 de febreiro

11 Decembro 2025

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Cultura, Ana Barreiro, acompañaron a Álex Millet e Ana García, da orquestra Sons, na presentación do concerto que reunirá os temas de grandes iconas da música. Alaska, Rocío Jurado, Queen, Tino Casal ou Raffaella Carrà son algunhas das voces que recrearán no 1 de febreiro un cento de artistas procedentes de distintos puntos da xeografía, onde haberá tamén presenza dunha vintena de talentos de Ribeira. Será no novo Auditorio Municipal, en Santa Uxía, ás 20.00 horas.

A este respecto, a rexedora puxo en valor toda a actividade musical da orquestra Sons, “unha das poucas orquestras a pulso e púa de Galicia”, ademais da súa capacidade para involucrar a diferentes organismos nas iniciativas que impulsan. Enxalzou, ademais, a participación de artistas locais, o cal demostra que “o noso talento local goza dunha boa saúde”.

O coro Cores ou o colectivo Alas son outras das entidades que colaboran con este concerto que destaca por levar ao escenario cantantes referentes no colectivo LGTBIQ+, como sinalou o director da orquestra, Álex Millet.

A venda das entradas comezará neste venres, 11 de decembro, a partir das 09.00 horas. Como xa é habitual, farase paralelamente na páxina web ataquilla.com e de maneira presencial na Oficina de Atención Cidadá da Casa Consistorial. Para aquelas persoas que opten por adquirilas nas dependencias municipais, o horario será de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas. O prezo sitúase nos 24 euros, máis gastos de xestión.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.