San Martiño de Noia acolle este sábado un Concerto de Nadal

11 Decembro 2025

A Igrexa de San Martiño en Noia (Templo Parroquial de San Martiño) vai acoller esta fin de semana un Concerto de Nadal: unha noite moi especial chea de música e espírito de celebración destas datas sinaladas. Será este sábado 13 de decembro a partir das 20.30 horas. Actuarán o Coro de Cámara Madrigalia (coro de cámara) e Atlántico (grupo vocal e instrumental). Organiza o Templo Parroquial en colaboración coa Deputación da Coruña.

Madrigalia, fundada en 1988 como asociación sen ánimo de lucro está formada por coralistas afeccionados, algúns deles cantores profesionais, que, baixo a dirección de profesores de alto nivel, buscan unha coidada interpretación das obras que programan, seleccionadas entre a música culta de todo tempo e lugar.

O grupo Atlántico nace un outubro do ano 2010 co obxectivo de crear un grupo de voces mixtas de cámara cun perfil musical diferente ao das corais tradicionais, e ofrecer unha proposta variada e amena pero de alta calidade musical. O seu repertorio nútrese da diversidade cultural que existe nas dúas beiras do océano do cal toma o seu nome, facéndose especial énfase na música española. Cronoloxicamente, o seu repertorio musical abrangue desde o século XV á actualidade. Obtivo o seu recoñecemento como Asociación Cultural no ano 2011.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.