Noia acolle esta fin de semana a Copa 5X5 de Balonmán na Rúa

11 Decembro 2025

Os vindeiros 13 e 14 de decembro, a praza do Concello converterase no epicentro do balonmán coa Copa 5×5 Balonmán na Rúa 2025, organizada pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello.

Haberá dúas categorías: benxamín (2016–2018) e alevín (2014–2015).

A proba celebra este ano a súa terceira edición consolidada como referente de promoción do deporte base e do balonmán na provincia.

Este 2025 repitiron como sedes Negreira e Cedeira, protagonistas tamén na edición 2024. Ademais, programáronse competición en Narón, Santiago de Compostela, Carnota e (esta fin de semana) Noia, completando así sete sedes no calendario.

A Copa 5×5 conta tamén cun ambiente festivo en cada xornada, con música, animación e sorteos ao longo de todo o día, facendo deste evento deportivo unha auténtica celebración para xogadores, familias e afección.

A Copa 5×5 de Balonmán na Rúa está dirixida a equipos mixtos das categorías alevín e benxamín, e ademais da vertente competitiva, busca atraer novos/as practicantes ao balonmán, visibilizar este deporte e dinamizar social e culturalmente as vilas participantes.

As datas e sedes confirmadas para esta edición foron as seguintes:

Santa Comba: 19 – 21 de setembro

Negreira: 3 – 5 de outubro

Narón: 17 – 19 de outubro

Santiago de Compostela: 24 – 26 de outubro

Carnota: 31 de outubro – 2 de novembro

Cedeira: 7 – 9 de novembro

Noia: 14 – 16 de novembro 

A Federación Galega de Balonmán, xunto coa Deputación da Coruña e os concellos participantes, aposta así por un proxecto que une deporte, convivencia e festa, facendo que o balonmán saia das pistas tradicionais e conquiste de novo as rúas.

En palabras da organización, “o deporte de base é fundamental para o crecemento das nosas nenas e nenos: axúdalles a mellorar a saúde, fomenta o compañeirismo, a disciplina e, sobre todo, fai que desfruten aprendendo valores que levarán sempre con eles; eventos como este son unha oportunidade única para achegar o deporte á cidadanía e crear comunidade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.