O Auditorio de Muros programa para esta “finde” a proxección de “Golpes” e “Super Charlie”

11 Decembro 2025

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros continúa coa súa programación de cine de inverno cunha fin de semana que combina thriller español de alta calidade e aventura familiar para todos os públicos.

As películas Golpes, de Rafael Cobos, e Super Charlie, adaptación da coñecida serie infantil de Camilla Läckberg, serán as protagonistas dos días 12, 13 e 14 de decembro.

Golpes, un thriller sobre memoria e lazos familiares

Protagonizada por Luis Tosar e Jesús Carroza, Golpes supón o debut na dirección de Rafael Cobos, guionista multipremiado (La isla mínima, El hombre de las mil caras). Ambientada na Sevilla dos anos 80, a película segue a dous irmáns situados en lados opostos da lei que deben enfrontarse ao pasado familiar e ás feridas que a sociedade trata de esquecer.

Trátase dun thriller intenso, frenético e emocional, convertido nun dos filmes españois máis esperados do ano.

– Venres, 12 de decembro ás 20:30 h

– Sábado, 13 de decembro ás 20:30 h

– Domingo, 14 de decembro ás 19:00 h

Super Charlie, humor, maxia e irmáns que salvan o mundo

Pensada para público infantil e familiar, Super Charlie conta a historia de Wille, un neno que sempre soñou con ser súper heroe, ata descubrir que o seu irmán bebé ten auténticos superpoderes. Cando un vilán ameaza a cidade, ambos deberán aprender a colaborar nunha aventura chea de humor, acción e mensaxes positivas.

– Sábado, 13 de decembro ás 17:00 h

– Domingo, 14 de decembro ás 17:00 h

Entradas dispoñíbeis nas oficinas do Centro e Cultural e Xuvenil de Muros e na billeteira electrónica.

A concelleira de Cultura, Caridad González, destacou que “seguimos apostando por unha programación variada e de calidade, con propostas que permiten ao público gozar do mellor cinema actual sen saír de Muros”. Engadiu tamén que “é importante ofrecer alternativas para todos os públicos, desde o cine máis autoral ata películas familiares que unen xeracións”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.