A Pobra festexará o Nadal cun percorridos en tren, a visita de Santa Claus, ruadas musicais e un espectáculo de monicreques

10 Decembro 2025

A Concellería de Promoción Económica da Pobra do Caramiñal ten preparado un amplo programa de actividades para as vindeiras semanas. A oferta inclúe as rutas do Tren do Nadal, a visita de Santa Claus, ruadas musicais e o espectáculo do Apalpador e Os Monifates. Todo, segundo adiantou o Concello, cun claro obxectivo: “Contribuír á dinamización social e económica da Pobra durante estas datas”.

As actividades están encadradas dentro do programa Volve o Nadal, volven as caramiñas. Por unha banda, as saídas do Tren do Nadal desenvolveranse desde este venres, 12 de decembro, ata o domingo, día 14. Todas as expedicións partirán desde a praza Alcalde Segundo Durán. En canto aos horarios, o venres sairán entre as 17.30 e as 20.30 horas; o sábado, de 11.00 a 13.00 e de 17.30 a 20.30 horas, e o domingo serán de 11.00 a 13.00 horas. Ao longo do percorrido, as persoas participantes pasarán polos xardíns Valle-Inclán, pola rúa Castelao, pola praia dos Areos e polas rúas principais do núcleo urbano para volver ao punto de partida.

Santa Claus

O sábado, 20 de decembro, ás 18.00 horas o Concello celebrará o desfile de Nadal polas rúas do municipio. Na comitiva tomará parte Santa Claus acompañado por unha comitiva de osos polares. Unha vez concluído, haberá unha recepción na praza de abastos na que os nenos e nenas terán a oportunidade de formularlle os seus desexos a Santa.

O mércores, 24 de decembro, a partir das 11.30 horas haberá unha ruada a cargo dos Dixie Kings con Paty Lesta. Por último, o sábado, 27 de decembro, os cativos e cativas poderán gozar do Apalpador e Os Monifates, un espectáculo que mestura música e monicreques e que se celebrará a partir das 18.00 horas na praza de abastos.

Informar tamén que o día 5 de xaneiro será un dos días grandes do Nadal na Pobra, co tradicional paseo da Cabalgata dos Reis Magos polas parroquias (primeiro) e polas rúas da Pobra (despois).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.