5 maio: sube lixeiramente o número de mortos diarios en España, con 185 falecidos. Galicia rexistra 4 vitimas mais

05 Maio 2020

O Ministerio de Sanidade actualizou o balance de contaxiados e falecidos por coronavirus en España ao 5 de maio:

-25.613 mortos. A véspera contábanse 25.428. 185 máis que o día anterior. -219.329 confirmados por PCR. Ata o luns eran 218.011. 867 novos.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.819, deles 669 son da área da Coruña, 179 da de Lugo, 541 da de Ourense, 155 da de Pontevedra, 696 da área de Vigo, 451 da de Santiago, e 128 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 37 permanecen en UCI, 226 están en unidades de hospitalización e 2.556 no domicilio.

Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.561 persoas curadas, rexistrándose 573 falecementos, catro máis que onte.

130 (en residencias)
129 (en hospitais e residencias integradas)

. O número de PCR realizadas é de 106.081.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.