O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza unha visita gratuíta a proxectos de referencia na xestión comunitaria dos montes

09 Decembro 2025

O Concello de Rianxo, no marco do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, organiza este sábado 13 de decembro de 2025 unha xornada de visitas técnicas a tres comunidades de montes que están a impulsar modelos pioneiros de xestión forestal e transición enerxética en Galicia. O programa inclúe dúas saídas, ás 09:00 h desde a Praza do Concello de Rianxo e ás 09:30 h desde a estación de autobuses de Santiago de Compostela, cun regreso ás 18:00 h. A actividade é gratuíta e está aberta a todas as persoas interesadas. Para participar é necesario inscribirse cubrindo o formulario habilitado ou escribindo a info@barbanzaecosocial.org.

Comunidades a visitar

Comunidade de Montes de Buchabade (Ponte Caldelas). Referente na transición enerxética en Galicia, impulsa proxectos que integran monte, auga e enerxía para construír un territorio máis resiliente fronte ao cambio climático.

Comunidade de Montes de A Reigosa (Ponte Caldelas). Desenvolve iniciativas de enerxía comunitaria, entre elas o seu horto solar, orientadas a reducir custos eléctricos e garantir que os beneficios das renovábeis permanezan no territorio.

Comunidade de Montes de Antas (A Lama). Transformou un monte antes abandonado nun espazo produtivo e ben xestionado. Hoxe conta con 500 hectáreas ordenadas, que producen ao 90%, combinando usos forestais e gandeiros nun modelo recoñecido polo seu impacto ambiental e social.

Laboratorio Ecosocial do Barbanza

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. Coordinado pola Fundación RIA, o Laboratorio Ecosocial do Barbanza é un proxecto dedicado a promover a transición cara á sustentabilidade ambiental e a fortalecer a resiliencia na xestión territorial dos montes do Barbanza.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...