A Secretaría Xeral da Lingua celebra o Nadal con tres espectáculos destacados en Outes, Padrón e Ribeira

09 Decembro 2025

A Secretaría Xeral da Lingua en colaboración cos concellos da Rede de Dinamización Lingüística achega este Nadal unha manchea de actividades culturais para celebrar coa rapazada estas festas sinaladas. Na axenda inclúense tres citas ineludíbeis en Outes, Padrón e Ribeira: o concerto Xiro, o espectáculo dos Bolechas As Lamberetadas de Nadal e o novo espectáculo de A Gramola Gominola: Panxoliñas a ritmo de rock (respectivamente).

O día 21 de decembro celebrarase ás 18.00 horas o concerto de música tradicional Xiro, a partir das 18.00 horas na praza do Bosque de Outes. Xiro é o territorio onde conversan as melodías tradicionais cantadas pola voz e percusións de Icía Kirk co saxo de Andrés Pérez e o acordeón de Xan Pampín. Un diálogo coa emoción e sabedoría que abrolla da linguaxe da música e do baile tradicional de Galicia, símbolo da nosa identidade como pobo.

O día 29 recala en Padrón a familia dos Bolechas a partir das 18.00 horas no Auditorio Municipal, que traen á vila do Sar o espectáculo As lamberetadas de Nadal. Con esta cita volve a familia dos personaxes creados por Pepe Carreiro e fano co seu especial de Nadal, unha proposta teatral, pero chea tamén de música, que fará as delicias dos pequenos da casa.

Ademais, o mesmo día 29 haberá unha importante cita cultural en Ribeira, coa presenza do grupo de rock infantil A Gramola Gominola, que veñen co seu especial de Nadal e o seu espectáculo Panxoliñas a ritmo de rock. Será no Auditorio Municipal ás 19.00 horas. O grupo de música infantil máis famoso do momento chega a Nadal en Rede cargado de panxoliñas a ritmo de rock. A banda formada por Paco Cerdeira, Paula Romero, Anxelo de Xermar e Rodrigo Muñoz ofrece un espectáculo onde soarán as cancións do seu cuarto disco, O Nadal coa avoa Fina, cancións como O Apalpador, O rap metal do Nadal ou A Noiteboa sempre é boa coa miña avoa…, temas para recuperar valores e tradicións e, sobre todo, para bailar e para cantar en galego a todo pulmón.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase este venres en Noia

Este venres, o lobo ibérico chega á Casa da Cultura de Noia. O 23 de outubro, ás 20:00 h, a Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, de Emilio Fonseca. Trátase dunha película incluída na programación contratada pola...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.