A morte de dúas persoas en residencias de maiores e doutras tres persoas en hospitais nas últimas horas elevou a 572 o número de falecidos con coronavirus en Galicia, segundo informaron este luns fontes da Consellería de Sanidade. Así, na xornada deste luns informouse da morte de dous homes, de 81 e 82 anos de idade, e dunha muller de 93 anos, que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). Dentro do total de falecidos e, á marxe das mortes producidas dentro das propias residencias, tamén se rexistrou a morte doutras 127 persoas relacionadas con centros residenciais (que faleceron, ou ben en hospitais, ou ben en residencias integradas). Deste xeito, do total de falecidos con coronavirus en Galicia, ata este domingo había contabilizadas 256 persoas vinculadas a residencias, case un 45 por cento.
Bea Campos estará este sábado en Boiro cunha sesión para os máis cativos
A Biblioteca Municipal de Boiro (Centro Social) vai acoller este sábado 26 de setembro ás 12.00 horas un espectáculo da contadora e escritora Bea Campos, encadrado nas actividades do programa Ler Conta Moito, impulsado pola Xunta, coa colaboración do Concello. Trátase...



