O Concello de Ribeira colabora con Sachos á Rúa para a implantación dun bosque comestíbel en San Roque

06 Decembro 2025

O parque periurbano de San Roque acollerá unha nova iniciativa que busca a creación dun bosque comestíbel promovida por Sachos á Rúa, coa colaboración co Concello de Ribeira, que explica que este tipo de foresta é un ecosistema deseñado para imitar a estrutura e a función dun bosque natural, con diferentes especies botánicas que producen alimentos e outras materias primas.

O concelleiro de Medio Ambiente, Víctor Reiriz, sinalou que “nesta primeira fase colaboramos cedendo o terreo para a implantación desta proposta, se ben xa estamos estudando outras vías para contribuír a que medre o proxecto e se consolide cara o vindeiro ano.”

Este proxecto desenvolverase a partir da vindeira semana nos martes, de 11.00 a 13.00 horas, e nos sábados, de 10.00 a 14.00 horas. As persoas interesadas en sumarse poden anotarse a través do teléfono de contacto 663 562 818.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.