A 2ª edición das Xornadas Botrato desenvolverase en Ribeira entre o 11 e o 12 de decembro

10 Decembro 2025

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, participou na presentación da segunda edición das Xornadas Interprofesionais para o BoTrato á infancia e á adolescencia, as cales celebraranse no 11 e 12 de decembro, en horario de mañá, organizadas polos Servizos Sociais Comunitarios.

A rexedora indicou que esta acción formativa artéllase arredor da Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de Protección Integral á Infancia e Adolescencia fronte a violencia, coñecida como LOPIVI.

“Estas xornadas son unha ferramenta de referencia para a formación de profesionais que traballan no día a día con rapazada para garantir un espazos adecuados para o seu desenvolvemento nunhas etapas de gran importancia na vida como son a nenez e a adolescencia, momento no que se van conformando as personalidades e no que as experiencias poden marcar de por vida. Por iso, o Concello de Ribeira ten un compromiso férreo coa protección e promoción dos dereitos da infancia e da adolescencia, seguindo a cultura do bo trato, a través do respecto e a participación infantil. Estamos seguros da boa acollida desta segunda edición das xornadas e agardamos que se consoliden no tempo. Ademais, no vindeiro ano, concretamente en xaneiro e en setembro, teremos a Mesa da Infancia e Adolescencia onde intervirán distintos axentes sociais para valorar máis accións a executar para avanzar nesta materia”, en palabras da rexedora.

Pola súa parte, o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, manifestou que “somos un municipio pioneiro no traballo a prol dos dereitos da infancia e da adolescencia e, proba disto, son estas xornadas interprofesionais programadas pola Concellería de Servizos Sociais. Detrás desta acción hai moito traballo por parte do persoal técnico, pero tamén moitas ganas e profesionalidade para seguir avanzando na protección e mellora da calidade de vida das idades máis temperás da nosa sociedade. Esta é a segunda convocatoria dunha medida formativa coa participación de profesionais que chegan de diferentes puntos para formarse, pero tamén de entidades relevantes no ámbito social que achegarán os seus coñecementos e boa praxe nas conferencias”.

A sala polivalente do novo Auditorio Municipal de Ribeira será o espazo que acollan estas xornadas que terán como eixo central a capacitación para a creación de contornas educativas e sociais seguras, respectuosas e afectivas. Este ano contarase coa participación de Educo, Programa TEI, ASEIA, Feitoría Verde e Atalaias.

O público destinatario son profesionais que traballen directamente coa infancia, con independencia do ámbito que sexa: sanitario, educativo, social, xudicial, ocio e deportes, ademais de forzas e corpos de seguridade. As persoas que asistan a tódolos coloquios recibirán un certificado de participación de 9 horas de formación. As inscrición continúan abertas ata as 23.55 horas do 9 de decembro, cun total de 70 prazas, a través do formulario en liña habilitado.

Quen precise máis información, tena no enderezo electrónico educadora@ribeira.gal.

Programa das xornadas

A educadora social e promotora das xornadas, Iria Alén, na compaña da coordinadora de Servizos Sociais, Francisca Vidal, detallou o contido. No xoves, 11 de decembro, desenvolverase en horario de 09.00 a 13.30 horas e contará coas seguintes conferencias: Presentación do proxecto Mesa da Infancia e Adolescencia de Ribeira, a cargo da educadora social municipal e coordinadora do proxecto, Iria Alén; LOPIVI. Indicadores de violencia e notificación de casos, con Laura Álvarez, de Educo; e o Programa TEI Titorías entre iguais. Mellora da convivencia para a prevención da violencia e o acoso escolar, da man de María de los Ángeles Gómez González, formadora e coordinadora do programa TEI en Galicia.

Xa no venres, 12 de decembro, o horario será de 09.30 a 14.00 horas, cos simposios Violencia, adolescencia e vínculo, con Ricardo Fandiño, de ASEIA Galicia; e Os Foros de participación infantil e adolescente. Participar dende o Botrato, con Aida Raíndo Vázquez, de Feitoría Verde.

A maiores, lánzanse como actividades complementarias de carácter pechado, por convite nominativo, uns obradoiros programados para a tarde do xoves 11, na Casa da Xuventude. Noelia Darriba García, de Atalaias, impartirá Comunicación afectivo-consciente no acompañamento á infancia e Prevención e xestión consciente de conflitos.

Estas xornadas contan con financiamento da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 30 para o desenvolvemento de equipas de intervención coa infancia e familias dende os Servizos Sociais de Atención Primaria en execución da LOPIVI.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.