Este sábado celébrase en Ribeira e na Pobra a IV edición da Ruta do Lirio, con 28 establecementos participantes (achegamos lista)

05 Decembro 2025

Este 6 de decembro levarase a cabo en Ribeira e na Pobra a cuarta edición da Ruta do Lirio, organizada pola Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía OPP83 (Cooperativa Gallega del Mar Santa Eugenia OPP83), que lembra que nesta convocatoria hai 28 bares e restaurantes participantes que entregarán de balde as súas tapas feitas co produto Lirio de Ribeira. A cooperativa habilitou en Google unha ligazón cos establecementos implicados nesta edición, para facilitar a súa localización entre residentes e visitantes. O roteiro está organizado pola OPP83 en colaboración coa Asociación de Hostalería de Ribeira e a Asociación de Empresarios da Pobra.

A cuarta edición da ruta aumenta este ano o número de participantes, xa que na pasada edición chegáronse aos 25 establecementos; en 2023, 10; e, no 2022, 17.

Durante a presentación, a xerente da OPP83, María José Casais, sinalou que “o corazón desta actuación é apoiar á hostalería, auténtica embaixadora dos produtos autóctonos, e poñer en valor o Lirio de Ribeira, que representa o traballo, a responsabilidade e a identidade da nosa frota. Cada ano superamos o número de participantes, e nesta edición contaremos con 28 bares e restaurantes de Ribeira e da Pobra, que ofrecerán tapas gratuítas aos veciños e visitantes”, sinalou, engadindo que “estamos moi orgullosos de ver como cada ano medra a participación e a creatividade da hostalería local, facendo auténticas delicias con un Lirio de Ribeira dunha calidade extraordinaria”.

A IV Ruta do Lirio forma parte das actividades promocionais realizadas pola OPP83 dentro do seu Plan de Produción e Comercialización, que conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia e do FEMPA. Con estas actuacións, a Cooperativa pretende incrementar o consumo de peixe entre a poboación e poñer en valor o Lirio de Ribeira, marca colectiva da OPP83.

RIBEIRA:

  • TAPERÍA A DE MARIS – Taco da ría
  • BAR ZUM ZUM – Lirio ole
  • BULEBAR – Bulerios Crispy
  • TÍO PEPE – Tosta de Lirio con vinagreta estilo Tío Pepe
  • PIZZERÍA D’VICIO – Tentación D’Lirio
  • A RECOVEIRA – Lirio asado con allo e limón
  • PUB BRÉTEMA – Caprichos da ría
  • CAFÉ PLAZA – Lirio de quiniela
  • COCOLUCHE – Tosta de brandada de Lirio
  • TAGEN ATA – Empanada á portuguesa
  • EL GOURMET ALJÁN – Tartar de lirio y aguacate
  • BAR PORRÓN 2.0 – Pintxo de Lirio
  • A CENTRAL – Lirio con Gabardina
  • BAR PEQUEÑO – Libro de lirio
  • A REVIRAVOLTA – Delirio Delicioso
  • BODEGÓN DE AGUIÑO – De-Lirios do Bodegón
  • BAR BAHÍA – Panilirio
  • PENÍN GASTROCERVECERÍA – Peixe da vila
  • A CHABOLA – Lirio A CHABOLA

A POBRA DO CARAMIÑAL

  • BAR ALAMEDA – Lirios rebozados en salsa alioli
  • BAR LA CALLE – Empanadilla de Lirio e lirio rebozado
  • BAR MIRAMAR – Empanada de Lirio en salsa de ostra y Kimuchi
  • MI MANDA PICONE – Ceviche de Lirio con pomelo y aguacate
  • A DE ROSA – Delirio da ría
  • BAR GALEÓN – Lirio ao GALEÓN
  • RESTAURANTE SISAL – Pincho donostiarra de Lirio afumado
  • 420 BAR – Lirio á batea
  • BAR CUROTIÑA – Lirio á CUROTIÑA

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.