O Concello de Rianxo renova o parque móbil da Policía Local

03 Decembro 2025

O Concello de Rianxo está a impulsar a renovación do parque móbil da Policía Local.

En concreto, foi renovado un dos vehículos en modalidade de renting e adquiriuse outro en propiedade.

“Nos últimos anos víñamos gastando unha importante cantidade de diñeiro en reparacións pola antigüidade dos coches”, explicou o alcalde, Julián Bustelo, engadindo que “os vehículos están dotados de desfibriladores semiautomáticos, DESA”.

O xefe da Policía Local, Rafael Romero, indicou que “con esta renovación fai que dispoñamos de dous vehículos policiais totalmente equipados con todo material necesario para realizar o noso traballo”.

Entre este material cabe salientar que están dotados de sinalizacións luminosas prioritarias LED e outra sinalizacións circunstanciais complementarias, equipamentos para realizar probas de alcohol e drogas, diverso material de intervención policial, kit funcional de traslado de detidos, desfibriladores semiautomáticos (DESA), botiquíns de primeiros auxilios e extintores.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...