
Seis autores galegos e unha editorial conforman a delegación propia da Xunta na Feira do Libro de Guadalajara (México), co obxectivo de proxectar en Iberoamérica a cultura propia de Galicia.
Marta Estévez, Antonio García Teijeiro, Ulises Bértolo, Arantza Portabales, Paula Mayor e a Editorial Elvira, con Xavier Romero e María Lado, mostran o seu traballo con presentacións, conferencias e entrevistas promocionando preto de 300 publicacións de 24 editoriais ata o 7 deste mes de decembro.
Deste xeito, a cultura galega -non demasiado coñecida en México- chega a ese país e aos visitantes da relevante feira guadalaxareña mediante unha mostra do bo momento que atravesa o sector cultural da nosa comunidade autónoma.
A edición en Galicia xa sumara o ano pasado 1.948 novos títulos, dos que o 65% foron publicados en língua galega. Cómpre destacar neste senso que o ano pasado, o sector editorial de Galicia rexistrou unha facturación de 27,72 millóns de euros, dos que máis da metade corresponden a libros editados en galego segundo o último informe sobre o sector editorial realizado pola Consellería de Cultura, Língua e Xuventude.
Desta facturación, preto de 25 millóns de euros corresponden á venda de exemplares en formado impreso, o que supón a comercialización de 1,58 millóns de publicacións cun prezo medio de 15,70 euros por unidade. As categorías con maior nivel de actividade son as de ficción para adultos, infantil e xuvenil. Deste último xénero literario é unha das dúas editoriais galegas : Kalandraka (que xunto con CREOTZ resultou beneficiaria das últimas axendas para a asistencia a este tipo de eventos internacionais).
Na feira mexicana están presentes, entre outros, traballos de Galaxia, Medulia, Entre Nubes y Cuentos, Cumio, Hércules, Triquela, Elvira, OQO, Kalandraka, Cuento de Invierno, Xerais, Baía e Diva.



