O Polígono da Tomada sorteará unha cesta do Nadal cedida por Vegalsa-Eroski entre os doantes que acudan á unidade móbil de ADOS

03 Decembro 2025

O Polígono da Tomada (A Pobra do Caramiñal) acollerá este xoves 4 de decembro, en horario de 09.30 a 15.00 horas, a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que se situará enfronte ás instalacións de Protección Civil.

Co obxectivo de incentivar o altruísta xesto da doazón, a compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski sorteará unha cesta con produtos do Nadal entre todas as persoas que se acheguen a doar sangue durante a xornada.

“A iniciativa enmárcase nas accións de dinamización que desde a xunta directiva da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono Industrial da Tomada impulsamos co propósito de converter o espazo nunha contorna atractiva e aberta a todo tipo de actividades, incluídas aquelas de carácter social e benéfico”, resaltou a presidenta do organismo, Isabel Cañas, directora de Relacións Externas de CONGALSA, empresa con sede na Tomada.

Neste sentido, “a colaboración con Vegalsa-Eroski reforza esta liña de traballo, favorecendo a implicación do tecido empresarial en iniciativas de interese colectivo”, engadiu Cañas, sinalando que esta participación reforza ademais os lazos entre a empresa de distribución alimentaria, o polígono e ADOS, consolidando unha relación de colaboración positiva.

Dinámica do sorteo

Durante toda a xornada, as persoas que acudan a doar sangue poderán cubrir os seus datos nos cupóns habilitados para o efecto e depositalos nunha urna situada na unidade móbil.

Ás 15.00 horas, unha vez finalizado o horario de doazón, procederase a extraer un cupón gañador, cuxo titular poderá recoller a cesta con produtos típicos do Nadal durante a tarde de mañá no Eroski Center da Pobra do Caramiñal.

A Entidade de Conservación do Polígono da Tomada anima á cidadanía e ás empresas da zona para participar nesta acción solidaria, lembrando que cada doazón conta e pode contribuír a salvar vidas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.