Dodro presenta un Nadal centrado nas familias e na cativada

02 Decembro 2025

O Concello de Dodro vén de presentar a súa programación de Nadal, unha proposta diversa e enfocada especialmente nas familias e nos máis pequenos. Teatro de papel, música, xogos e espectáculos dinamizarán o municipio ao longo de todo o mes, desde a entrega do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón até unha festa ambientada en Laponia.

Arranque o día 13 co Premio Baleirón

A primeira cita terá lugar o 13 de decembro coa entrega do prestixioso premio literario Eusebio Lorenzo Baleirón, que incluirá a actuación de Minguante co espectáculo “Minguante canta poesía galega”. O evento celebrarase no CPI de Dodro ás 17:30 h.

Kamishibai de Nadal o día 19

O 19 de decembro, a Casa da Cultura acollerá o espectáculo “Kamishibai de Nadal”, a cargo do artista multidisciplinar Juan Juste. Ilustrador, guionista e narrador, Juste é o único experto en Galicia na técnica do kamishibai, o tradicional teatro de papel xaponés. Nesta ocasión achegará contos e lendas de Nadal, tamén ás 17:30 h.

Algueirada de Nadal o día 23

Como anticipo da Noiteboa, o 23 de decembro celebrarase unha Algueirada de Nadal, unha proposta familiar centrada na historia de Xurxo, “que non sabe bailar”. Humor, bailes e acrobacias combinaranse neste espectáculo pensado para todos os públicos. Terá lugar no pavillón polideportivo ás 17:30 h.

Nadal en Laponia para despedir o ano

A programación pecharase o 30 de decembro con “Nadal en Laponia”, unha produción de Teatro Calavera protagonizada por Leila e Laila, dúas elfas que organizan unha gran festa de Nadal para toda a veciñanza. A música, os xogos e os contos serán protagonistas, aínda que a historia dará un xiro cando Leila perda ao seu amigo Larry, un boneco de neve. O espectáculo desenvolverase no pavillón de deportes ás 17:30 h.

Iluminación en todas as aldeas

Como cada ano, o Concello anunciou que iluminará todas as aldeas do municipio para garantir que “toda a veciñanza sinta de preto o espírito do Nadal”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.