“Parroquias con voz”: o BNG de Ribeira inicia unha rolda de encontros para explicar proxectos e recoller demandas veciñais

02 Decembro 2025

O BNG de Ribeira puxo en marcha o programa “Parroquias con voz”, unha rolda de xuntanzas abertas en distintas localidades do municipio coa que pretende reforzar o diálogo directo coa cidadanía. O obxectivo é explicar o traballo realizado durante os dous últimos anos e medio de goberno, así como presentar os proxectos e investimentos planificados para os vindeiros meses. Ademais, estas reunións servirán para escoitar de primeira man as demandas e inquedanzas das veciñas e veciños.

O portavoz municipal e exalcalde, Luís Pérez Barral, e o responsable local do BNG, Rafael Pazos, xunto a Xana Ledo, vicerresponsable local; destacaron que este calendario de encontros xa fora programado polo anterior executivo antes da moción de censura, como parte dun modelo de xestión baseado na transparencia, na planificación e na participación cidadá. Por iso, o BNG considera “fundamental” darlle continuidade para garantir que “todas as parroquias teñan voz propia e que as súas necesidades sexan atendidas con rigor e visión de futuro”.

Investimentos de 5,5 millóns de euros nas parroquias

Pérez Barral subliñou que, durante o seu mandato, “se avanzou de maneira destacada na mellora de servizos básicos nas parroquias”, cun investimento que acadou os 5,5 millóns de euros en dous anos e medio destinados a pavimentación, abastecemento de auga potable e saneamento.

“Queremos explicar con detalle o que se fixo, o que se deixou encamiñado e cara onde queremos seguir avanzando”, indicou. O portavoz lembrou tamén que o BNG deixou preparados proxectos por valor de 1,4 millóns de euros, xa dotados de recursos, e destinados a seguir mellorando a calidade de vida da poboación.

Balance, proxectos e participación veciñal

Nas diferentes xuntanzas, a formación nacionalista presentará un balance das actuacións realizadas, detallará os proxectos xa redactados e abrirá un espazo de diálogo para que a cidadanía poida expoñer propostas, prioridades e preocupacións.

O grupo municipal afirma que Ribeira precisa “unha planificación seria e a longo prazo” e que os proxectos iniciados non deben quedar paralizados. “A participación cidadá non é un eslogan, é unha forma de gobernar”, subliñan.

Calendario de reunións

As primeiras datas anunciadas son as seguintes:

  • Corrubedo: mércores 3 de decembro, ás 19:30 h, na Casa do Mar
  • Palmeira: martes 9 de decembro, ás 19:30 h, na Casa do Mar
  • Carreira: martes 16 de decembro, ás 19:30 h, no Centro Social
  • Aguiño: mércores 17 de decembro, ás 19:30 h, na Confraría

As restantes xuntanzas celebraranse despois do Nadal e serán difundidas polos canais oficiais do BNG de Ribeira.

A organización anima a toda a veciñanza a participar activamente neste proceso, que percorrerá todas as parroquias do municipio co propósito de construír un concello máis próximo e centrado nas persoas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.