Boiro acolle o vindeiro 6 de decembro a XXXVIII edición do Trofeo Ciclocross Concello de Boiro

02 Decembro 2025

O Concello de Boiro colabora co Club Ciclista Barbanza coa XXXVIII edición do Trofeo Ciclocross Concello de Boiro, que se celebra o vindeiro sábado 6 de decembro en praia Xardín, nas inmediacións do río Coroño. O alcalde, José Ramón Romero, participou este martes 2 de decembro na presentación da proba xunto co concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Carlos Muñiz; e o directivo do club, José Ramón Torrado.

Nesta proba deportiva participan as categorías infantil, cadete, junior, sub23 e master 30-40-50-60; en categorías masculina e feminina. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, animou aos deportistas a que “se inscriban nesta proba que está deseñada para todas as idades”.

O circuíto é de 3.000 metros e está situado nas inmediacións do río Coroño, collendo o piñeiral, un anaco da praia de Barraña e tamén parte da avenida de Compostela. “Tratase dunha proba xa consolidada do ciclocross e moi atractiva polo enclave no que se desenvolve”, recoñeceu Carlos Muñiz, da Federación Galega de Ciclismo.

A proba puntúa para a Copa Galicia do Porvir e tamén puntúa para o ranking de España e está prevista a participación duns 300 deportistas. “Participan clubs deportivos de toda Galicia e tamén do resto de España”, afirmaron por parte do Club Ciclista Barbanza.

O alcalde, José Ramón Romero, animou á veciñanza a achegarse este sábado ás inmediacións do estuario do río Coroño, en raia Xardín, “para presenciar esta proba que está máis que consolidada no calendario deportivo do noso concello”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.