Rianxo prende as luces de Nadal este sábado 6 de decembro cunha gran festa con música e unha “visita especial”

02 Decembro 2025

O Nadal vai comezar en Rianxo, oficialmente, este sábado 6 de decembro, dende a praza de Castelao estendéndose a todos os barrios da vila e máis ás parroquias. As festas arrincarán co prendido das luces de Nadal e cunha serie de actividades festeiras que darán comezo ás 17.30 horas co espectáculo infantil Rogelio, un pallaso en recuperación.

Un pouco máis tarde, ás 18.30 horas no mesmo emprazamento (a praza de Castelao) dará comezo un concerto de Cherry Sweet.

O prendido das luces de Nadal está programado para as 20.00 horas. Acompañarase da proxección dun espectáculo de luz e son.

Ás 20.30 horas chegará o momento que estaban a agardar nenos e tamén maiores: a chegada de Papá Noel e Mamá Noel.

Será, en palabras do Concello, “unha gran cita de diversión para os máis pequenos e pequenas da casa, con moita música e algunha visita moi especial”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.