Outes acolle o 13 de decembro a función “Compaña” de Xampatito Tato

01 Decembro 2025

O sábado 13 de decembro, ás 19:00 horas, a Casa da Cultura de Outes (ao abeiro do ciclo Outes á Escena) vai acoller a representación de Compaña, de Xampatito Tato. Segundo explica o Concello, trátase dunha obra para público infantil e familiar (maiores de 3 anos). As entradas poden retirarse na páxina Bandoticket.com, ou, a partir deste luns, na Casa da Cultura de Outes. Esta obra está incluída no Bono Miúdo.

Sinopse
Un personaxe solitario en busca de compañía explora a súa imaxinación para dar vida a cada un dos seus pensamentos. A través deste proceso, logra sentirse acompañado e leva ao público por un camiño cheo de sorpresas e risas.

Compaña é un espectáculo onde se fusiona o circo co mundo das marionetas, creando imaxes e escenas que transportan ao espectador a un mundo surrealista e onírico.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.