A ABE acolleu a presentación da campaña solidaria Doa un Sorriso, edición 2025

01 Decembro 2025

A sede da ABE acolleu este luns 1 de decembro a presentación oficial da nova edición da campaña solidaria Doa un Sorriso 2025, promovida pola Clínica Dental Rebeca Ozores en colaboración coa Asociación Boirense de Empresas (ABE), Cáritas Boiro e Cruz Vermella. Segundo explicaron, a iniciativa desenvolverase do 2 ao 13 de decembro e ten como finalidade recoller alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene e doazóns económicas destinadas a familias en situación de vulnerabilidade.

No acto participaron Raúl Treus, concelleiro de Servizos Sociais do Concello de Boiro, Tomás Estévez, xerente da ABE, Guadalupe Tubío, directora de Cáritas Boiro, Fani Quintáns da Clínica Dental Rebeca Ozores, e Manuel Santos secretario de Cruz Vermella Boiro.

A representante da Clínica Dental Rebeca Ozores, Fani Quintáns, explicou que “Doa un Sorriso é moito máis ca unha campaña: é unha chamada á empatía e ao compromiso colectivo. Cada pequeno xesto conta, e un ano máis queremos facilitar que toda a veciñanza de Boiro poida axudar de maneira sinxela e próxima. A suma de todas as achegas convértese en alivio directo para as familias que peor o están a pasar”.

Pola súa banda, Tomás Estévez, xerente da ABE, destacou que “para a Asociación Boirense de Empresas é unha satisfacción apoiar iniciativas que unen ao tecido empresarial coa solidariedade. O comercio local é parte activa da vida da vila, e estamos orgullosos de colaborar para que esta campaña siga medrando e axudando a quen máis o necesita”.

O concelleiro Raúl Treus manifestou o respaldo do Concello, indicando que “Boiro sempre responde cando se trata de solidariedade. Desde o Concello apoiamos esta acción que reforza o traballo diario das entidades sociais e mostra o mellor da nosa comunidade”.

Novidades da campaña 2025

Explicaron tamén que este ano incorpóranse huchas solidarias nos comercios participantes para facilitar doazóns económicas destinadas á compra de produtos de primeira necesidade, ademais dos tradicionais cubos de recollida.

O sábado 13 de decembro realizarase unha gran recollida de alimentos nos principais supermercados, coa colaboración de voluntariado de Cáritas, Cruz Vermella e a propia organización. Na rúa peonil haberá animación e reparto de flocos de millo.

Sorteos

Entre todas as persoas que realicen unha doazón sortearanse:

-Dous irrigadores dentais doados pola Clínica Dental.

-Un lote de agasallos da ABE (auriculares, reloxo intelixente e altofalante).

-O sorteo terá lugar o 16 de decembro na Clínica Dental Rebeca Ozores.

Participación dos comercios

Os negocios interesados poden inscribirse a través do formulario habilitado ou por correo electrónico info@clinicadentalrebecaozores.es. Este ano priorízanse produtos como leite, galletas, cacao, tomate frito, arroz, azucre e cueiros (tallas 5 e 6), aínda que calquera achega será benvida.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.