Domingo 30, nas Rías Baixas, os ceos estarán máis despexados, permitindo que a zona goce de mellores condicións meteorolóxicas

29 Novembro 2025

O domingo 30, San Andrés. en Galicia, a situación meteorolóxica será de transición, con altas e baixas presións afectando á comunidade e unha circulación do norte. Este escenario provocará a formación de néboas nas comarcas do interior, especialmente nas primeiras horas do día, e ceos parcialmente nubrados, alternando entre claros e nubes.

En canto á precipitación, agárdanse chuvascos illados e ocasionais que afectarán principalmente á metade norte da comunidade, e que irán remitindo co paso do día. Pola súa parte, nas Rías Baixas, os ceos estarán máis despexados, permitindo que a zona goce de mellores condicións meteorolóxicas.

En relación ás temperaturas, experimentarán un lixeiro a moderado descenso, especialmente nas mínimas, que será máis notorio nas zonas do interior.( mínimas de 4 e máximas de 14 graos).

Respecto ao vento, soprarán do norte con intensidade frouxa en xeral, agás no litoral, onde se agardan ventos moderados.

En resumo, o día será de transición, con tempo variable, chuvascos localizados e temperaturas algo máis frías, especialmente pola mañá.

O noso mar: Vento do nordés á mañá, do norte á tarde e do sur á noite, forza 3 a 4 á mañá e á tarde e 1 a 3 á noite. Marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá, 1.5 a 2.5 metros á tarde e 1 a 2 metros á noite.

Outros artigos

Noia alzou a voz contra a violencia machista

Na mañá deste mércores 25 de novembro, o alumnado dos centros educativos de Noia foi protagonista da lectura do manifesto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A axenda deste mércores deu comezo ás 11.45 coa lectura da...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...