A Pobra sorteará vales de Caramiñas entre os clientes da Praza de Abastos para mercar os produtos das ceas de Nadal e Noitevella

28 Novembro 2025

A Concellería de Promoción Económica premiará a fidelidade da clientela da Praza de Abastos. Como parte da campaña Volta o Nadal, voltan as Caramiñas, o Concello lanzará unha serie de sorteos de vales de compra (Caramiñas) para mercar os produtos das ceas de Noiteboa e Noitevella e que deberán consumirse nos postos do mercado municipal.

Tal e como explicou a concelleira da área, esta iniciativa ten un dobre obxectivo: “non só buscamos pór en valor e dar a coñecer a variedade de negocios que hai na Praza de Abastos, senón tamén impulsar as compras nos mesmos nas festas de Nadal”.

A campaña estará dispoñíbel desde o luns, 1 de decembro, e o día 20 (ambos incluídos). Durante ese período, os comerciantes da Praza de Abastos darán á súa clientela un boleto de participación por cada 10 euros de compra. Pola súa banda, o consumidor deberá cumprimentalo cos seus datos persoais (nome, apelidos e teléfono de contacto) e depositalo nas urnas situadas nas instalacións da praza.

Unha vez se conte con todos os boletos, o Concello realizará dous sorteos. O primeiro será o luns, 15 de decembro (12.00 horas), e o segundo o luns, 22 (ás 12.00 horas) no propio mercado. Os galardóns consistirán en vales de compra (Caramiñas) para consumir na propia Praza de Abastos e comprar os  produtos das ceas de Nadal (no caso dos sorteos do 15 de decembro) e de Noitevella (no caso dos sorteos do 22 de decembro). Deste xeito, as persoas agraciadas o 15 de decembro deberán trocar os seus vales desde ese día e ata o 24 de decembro. Por outra banda, as persoas gañadoras do do 22 de decembro deberán facer o propio entre o 22 e 31 de decembro.

Haberá sete premios en cada unha das rifas: un primeiro premio (400 euros de Caramiñas), dous segundos premios (200 euros de Caramiñas) e catro terceiros premios (100 euros de Caramiñas).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.