O Concello de Boiro abre o prazo para a inscrición no Campamento de Nadal

28 Novembro 2025

O Concello de Boiro abre o vindeiro luns día 1 de decembro o prazo de inscrición no Campamento de Nadal 2025 que se vai desenvolver entre o 22 de decembro de 2025 e o 7 de xaneiro de 2026. As prazas son limitadas e as inscricións para participar deben formalizarse antes do 11 de decembro.

Este servizo está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos escolarizados, co obxectivo de facilitar ás familias un recurso de conciliación con horarios flexíbeis axustado ás súas necesidades e ofrecer unha alternativa lúdica, formativa e integradora de ocio e tempo libre.

O Concello explicou que o desenvolvemento das actividades a realizar “está baseado en técnicas de intervención participativas e activas, fomentando a creatividade e os valores de respecto e solidariedade con enfoques non sexistas”.

O campamento desenvolverase entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro, agás sábados, domingos e festivos, en horario de 8.00/10.00 a 14.00 horas, xa que se flexibiliza a hora de entrada para facilitar a conciliación. O custo do campamento é de 70 euros en horario de 8.00 a 14.00 horas e de 50 euros para o horario de 10.00 a14.00 horas, habendo descontos para segundos irmáns e tamén nos casos de exclusión social.

O número de prazas está limitado a 50 e os criterios de selección serán segundo orde de entrada, estar empadroado no concello de Boiro e a ocupación laboral dos proxenitores ou titores legais. O prazo de inscrición estará aberto do 1 ao 11 de decembro e deberá facerse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. Unha vez publicada a listaxe provisional de admitidos e pasado o prazo de reclamacións, os participantes deberán aboar a taxa correspondente para formalizar a matrícula.

As bases de participación e toda a documentación da inscrición está a disposición das persoas interesadas na web municipal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.