Galicia retrasa ao 1 de xaneiro o inicio da campaña de extracción de mexilla por escaseza do recurso

26 Novembro 2025

A Consellería do Mar decidiu atrasar un mes, ata o 1 de xaneiro, o inicio da campaña de extracción de mexilla. A resolución foi adoptada tras a reunión da Comisión do Mexillón celebrada este martes en Santiago de Compostela, tendo en conta criterios técnicos e científicos e logo de escoitar a opinión do propio sector.

Durante o encontro, o director do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), Carlos Gabín, presentou os resultados do proxecto Apromex, que detectan unha menor dispoñibilidade de recurso e un tamaño insuficiente da mexilla para iniciar a campaña con garantías. Estes datos foron tamén asumidos polos representantes do sector, que apoiaron a medida.

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, subliñou que a decisión “sae do consenso entre a Administración, os científicos e o sector e vela pola sustentabilidade dun recurso tan importante para Galicia”. O obxectivo, remarcou, é asegurar que o sector miticultor dispoña da cantidade necesaria de mexilla para desenvolver unha campaña adecuada.

Ademais, na reunión analizouse a situación do episodio actual de biotoxinas, co propósito de establecer medidas de xestión que permitan manter a actividade nas zonas afectadas ata a súa reapertura.

O sector do mexillón galego, considerado estratéxico, está integrado por preto de 3.600 bateas distribuídas ao longo da costa. Villaverde destacou que este encontro exemplifica o modelo de cogobernanza que rexe a xestión pesqueira en Galicia e que, dixo, resulta fundamental para reforzar o liderado da comunidade nesta actividade.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.