O Concello de Boiro finaliza as obras para a mellora de accesos e servizos á praia de Mañóns

26 Novembro 2025

O Concello de Boiro vén de dar por finalizadas as obras para a mellora dos accesos e servizos á praia de Mañóns, unha actuación que se levou a cabo mediante o financiamento da Deputación da Coruña a través do Plan de Obras e Servizos (POS+) por un importe de 67.387 euros.

O Concello explicou que con estas actuacións que veñen de finalizar mellorouse o firme da vía de acceso para crear un percorrido seguro á zona da praia, “dotándoa de novos espazos de estacionamentos e sendeiros para peóns”. Ademais levouse a cabo a canalización de augas pluviais eliminando a canle transversal (tajea) que, segundo informou o Goberno local, xeraba problemas de seguridade viaria.

Executouse a renovación de 180 metros de vía cun ancho de 8 metros, deixando a cada marxe beiras de 5 metros cun acabado de area cemento para facilitar o acceso de peóns á praia. Para o pavimento empregouse mestura bituminosa en quente de 5 cm de espesor con regos de adherencia entre capas. Rematouse a actuación co pintado das marcas viarias e sinalización.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.