Os empresarios de Ribeira sortean 500 euros no Black Friday repartidos en nove vales de compra

26 Novembro 2025

A Asociación de Empresarios de Ribeira (AER) organiza estes días unha campaña de Black Friday, edición 2025, para impulsar o comercio local e as compras de proximidade nestes días de novembro: unha campaña na que poderán participar todos os establecementos asociados. Sortearanse 500€ en vales de compra entre as compras rexistradas na web da AER os días 28 e 29 de novembro, repartidos en un vale de 100€ e oito vales de 50€. O sorteo realizarase o luns 1 de decembro ás 10:00h.

A campaña e sorteo van dirixidos a tódolos clientes que merquen e consumen nos establecementos asociados. O obxectivo fundamental da campaña é “incrementar as vendas e incentivar o consumo no pequeno comercio retallista de Ribeira”. A promoción realizarase entre as compras e consumicións feitas os días 28 e 29 de novembro de 2025. A forma de participar será mercando e consumindo en calquera establecemento socio.

O sorteo realizarase o luns 1 de decembro de 2025 ás 10:00h no local da Asociación de Empresarios.

Sortearanse 500€ en vales de compra, entre todas compras e consumicións realizadas nos días 28 e 29 de novembro de 2025. Os premios serán oito vales de compra de 50€ e un vale de compra de 100€ para gastar nos establecementos comerciais e hostaleiros socios. O importe do premio debe ser gastado nos establecementos asociados como data límite o 30 de decembro de 2025.


Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.