A Unidade de Policía Nacional Adscrita e Gardacostas de Galicia comisan 74 quilos de centola en Rianxo

25 Novembro 2025

No marco deste operativo contra o furtivismo, os axentes identificaron unha persoa, tramitaron unha sanción por infrinxir a Lei de Pesca de Galicia e as centolas comisadas foron devoltas ao mar 

Axentes do Equipo de Resposta Policial (Erpol) da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia (UPA) incautaron 74 quilos de centola e interviron un vehículo durante un operativo de control e rastrexo de produtos pesqueiros desenvolvido o pasado 22 de novembro no concello de Rianxo.

No marco da actuación, os axentes identificaron unha persoa e tramitaron unha acta de sanción por infracción da Lei de Pesca de Galicia. As centolas, que se atopaban vivas, foron devoltas ao mar pola Garda Costas de Galicia.

Este dispositivo forma parte do reforzo impulsado pola UPA, en colaboración coa Consellería do Mar e as confrarías de pescadores, para combater o furtivismo e protexer os recursos mariños. A actuación céntrase tanto na prevención da extracción ilegal como na venda, transporte e distribución de produto sen garantías sanitarias.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...