“Machistas asasinos” – José Manuel Pena

25 Novembro 2025

Cada día espertamos con máis asasinatos de mulleres inocentes, como consecuencia da violencia machista ou de xénero, que pon en evidencia que as medidas adoptadas non son suficientes. Todos podemos facer moito máis para erradicar a “violencia machista”. Tamén é necesaria unha maior valentía política e menos demagoxia por parte dalgunhas formacións políticas negacionistas, con implicación de todos os organismos e entidades públicas: municipios, deputacións provinciais, gobernos autonómicos, gobernos estatais así como desde a propia Unión Europea.

Por desgraza demasiadas nais aplauden e amparan as actitudes “machistas” dos seus propios fillos e renegan do “feminismo” a pesar de que este o único que busca é a igualdade real entre os homes e as mulleres. Certas nais, actualmente, seguen soportando situacións de violencia machista poñendo por diante e como desculpa o “benestar” dos seus fillos. Moito mozas continúan vendo como algo “normal” que, o seu noivo ou parella as insulte ou as controle nas súas relacións sociais, ou que simplemente lles revisen o móbil ou o contido das súas redes sociais.

Na nosa sociedade é algo habitual que se deixe ver as mulleres maltratadas, no canto de como vítimas que é o que son, como as propias “responsables” por non denunciar aos seus verdugos. Tampouco nos podemos esquecer de que a violencia contra as mulleres afecta tamén os fillos, que viven e padecen ese auténtico inferno.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...