Javi Maneiro deixa os Heredeiros da Crus

24 Novembro 2025

Heredeiros da Crus, lendaria banda de rock do Barbanza e durante décadas principal referente do rock galego de raíces galegas (bravú) emitiron un comunicado este luns 24 de novembro no que anuncian a despedida de Javi Maneiro (O Conchido, Pobra, 1973) o até o de agora solista da agrupación, que pon fin á súa etapa na banda. No comunicado destacan o talento de Maneiro, a súa enerxía e a súa personalidade, “que deixan unha pegada profunda na banda, nos escenarios e, por suposto, en cada unha das persoas que formamos parte deste proxecto”.

Tamén engaden palabras de fondo agradecemento e cariño: “Agradecémoslle sinceramente a Javi todo o camiño percorrido con nós e desexámoslle o mellor nesta nova etapa que agora inicia”. A banda recoñece atoparse “nun momento de profunda conmoción e, polo de agora, non podemos ofrecer máis información sobre o noso futuro, que está aínda por definir”. As actuacións previstas no Inverfest (31 de xaneiro) e no Exporock (14 de marzo) quedan canceladas, do mesmo xeito que se suspenden todas as negociacións en marcha para o ano 2026. Os Heredeiros da Crus lamentan “as posíbeis molestias ocasionadas tanto ás organizacións como ás persoas que tiñan previsto acompañarnos nestas datas, e agradecemos sinceramente a súa comprensión”.


Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.