Martiño Noriega reivindicou en Rianxo a importancia dos coidados na presentación do seu libro, “Os médicos tamén enferman”

24 Novembro 2025

Este venres 21 de novembro presentouse en Rianxo, nun Auditorio Municipal ateigado de asistentes, o médico e ex alcalde de Teo e Santiago, Martiño Noriega, presentou o seu libro Os médicos tamén enferman, unha reflexión que fala da sanidade actual, mais tamén da saúde da nosa sociedade e que, segundo salientou o propio Noriega, reivindica a importancia dos coidados e de pecharmos fileiras arredor da “tribo” para encarar o mañá.

Contouse coa presenza do autor e máis de José Ramón Alonso Fernández (avogado e ex-secretario da Administración local), Henrique Alvarellos (editor) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo).

Doce anos despois de exercer como alcalde, primeiro no Concello de Teo, e despois en Santiago de Compostela, Martiño Noriega regresou á súa profesión, a Medicina. Os médicos tamén enferman é unha crónica persoal onde Noriega relata o seu retorno ao mundo sanitario nestes anos precarios.

Escrito entre os anos 2021 e 2024, este libro permítenos descubrir directamente o sentir dun médico no duro contexto da sanidade pública nesta época da post-COVID, mais tamén está inspirado nas voces directas das propias persoas que escoita cada día na súa consulta de atención primaria.

“Reincorporeime á medicina ao comezo da pandemia, despois de moitos anos de sobreexposición pública”, afirma no limiar do libro, engadindo que “na Medicina de Familia reencontreime nos coidados coa palabra acompañar, co exercicio de escoitar e co innecesario de ter que opinar de todo a todas horas. Este feixe de historias naceron desa escoita atenta que pode ser parte da cura”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.