Portos de Galicia e o Club Náutico de Ribeira colaborarán para mellorar as instalacións

23 Novembro 2025

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, reuniuse co presidente do Club Náutico de Ribeira, José Luis Torres Colomer, para avanzar nas vías de colaboración entre ambas entidades co obxectivo de mellorar as instalacións náutico-recreativas do municipio coruñés.

No encontro, celebrado na sede do ente público en Santiago, acordouse a dotación dunha nova pasarela de acceso ao rompeolas flotante, que permitirá impulsar o seu uso como pantalán de amarre e facilitar o acceso desde terra ás novas prazas que poidan habilitarse.

Tanto Portos de Galicia como o Club Náutico coincidiron en que esta actuación potenciará as posibilidades da entidade para atraer tránsitos de embarcacións de cara ao vindeiro verán, reforzando así o impulso ao turismo náutico no municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.